Catálogo de produtos por encargo

Bótalle unha ollada ao noso catálogo e contáctanos para recibir máis información.

Quen somos

Somos un pequeno obradoiro de doces e petiscos artesáns. Utilizamos, sempre que nos é posible, ingredientes ecolóxicos e de produtores locais.

Dispoñemos dun pequeno espazo de degustación no que podes probar as nosas elaboracións e acompañalas dun café, té ou refresco.

Na nosa tenda, tamén podes atopar a materia prima que utilizamos para as nosas elaboracións (fariña, azucre, especias etc.), cremas de froitos secos e marmeladas de produtoras locais, xunto con útiles de repostería e pezas de artesanía.

Elaboramos tortas para ocasións especiais. Podes encargalas chamándonos por teléfono ou escribíndonos un email ou un Whatsapp.

Onde estamos

Rúa Reinante 31, baixo

27700 Ribadeo

Email: pandelimonribadeo[@]gmail.com

Teléfono: +34 613 00 27 50

Horario de apertura

Mércores, xoves, venres e sábado

10:00 - 14:00

17:00 - 20:00

Domingos

10:00 - 14:00

Estes horarios poden variar en festivos ou datas especiais. Para máis información, visita os horarios de apertura no noso perfil de Google.

Axudas Emprendemento Plus 23-24

Pan de Limón foi beneficiaria da convocatoria Emprendemento Plus 23-24, cofinanciada pola Unión Europea.

Os fondos percibidos irán destinados á ampliación e consolidación do proxecto actual iniciado en marzo de 2021. Concretamente, producirase o traslado da activiade económica a unha localización máis ampla e equipada, o que permitirá incrementar o rango de produtos e servizos ofertados.  

Na nosa tenda temos galletas (cookies) a diario. As mellores? As de gotiñas de chocolate e as de avea con laranxa.

Mais estamos aquí para informar sobre as outras galletas. As galletas de internet, tamén chamadas cookies. Nesta web só utilizamos cookies esenciais para garantir o correcto funcionamento da mesma. A maiores, a plataforma Mailchimp utiliza cookies para recoller o número de visitas da páxina. Máis información.

© 2024 Pan de Limón E.S.P.J. | CIF: E02733673 | Rúa Reinante 31, baixo | CP 27700 Ribadeo

Máis información e Política de Cookies

Instagram icon
Intuit Mailchimp logo